| 8, 9 de maio de 10:00h-13:00h e de 15:00h-18:00h e 10 de maio de 10:00h-13:00h.

Visitas Galiciencia 2019

Home / Visitas Galiciencia 2019

Requisitos participación

Poderá visitar a Galiciencia 2019 calquera centro educativo de Galicia.

Solicitude da visita

Solicitarase a visita a través do formulario de inscrición.

Prazos de solicitude

  • O prazo é do 21 de xaneiro ao 11 de marzo 2019.
  • Os centros admitidos recibirán a confirmación da súa solicitude para facer a visita na primeira semana de abril a través do mesmo correo electrónico co que a tramitaran. A lista de admitidos será publicada nesta web de galiciencia (www.galiciencia.com).

Criterios de valoración

Con todos os colexios anotados dentro do prazo farase unha selección para primaria e outra para secundaria nas que se valorará:

  1. Que o colexio presente proxectos (primaria e/ou secundaria). Preferente.
  2. Que sexa a primeira vez que veñen á Galiciencia.
  3. Que participe nalgún dos concursos abertos para o público, (deseño logo camiseta para primaria ou fotografía para secundaría e desafío ¡atrévete cos bos hábitos!).

Establecerase un máximo dun autobús (de 50 prazas) por centro, e só poderá dispor de dous autobuses aquel centro que presente proxectos para primaria (un autobús) e secundaria (outro autobús).