image
image

A maior feira científica de toda Galicia

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato; e que permanece aberto ao público xeral. Celébrase no Parque Tecnolóxico de Galicia durante tres días da segunda semana de maio (mércores 8, xoves 9 e venres 10) en horario de 10h a 13 h e de 15h a 18h, a excepción do venres 10 (en horario de mañá).

Descarga o triptico de actividades

O Obxectivo principal

O obxectivo principal da Galiciencia é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas de todas as idades con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que a Tecnópole pon á súa disposición durante tres días. Tanto eles como os visitantes teñen ocasión de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan en cada edición. Pódese participar en Galiciencia de diferentes modos (dun, varios ou todos):


Como protagonistas na Exposición de Proxectos:

Os estudantes que desenvolveron de forma previa á feira e co apoio dos seus profesores/as, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explican ao público visitante. A cada proxecto asignaráselle un stand modular de 2 x 1 m con tarima e moqueta, iluminación, cadro individual e unha regreta, cunha mesa e dúas cadeiras dentro da carpa habilitada para tal fin, que contará con conexión a internet a través de wifi.

Captioned Image

Imaxe real stands Galiciencia

Captioned Image

Imaxe real stands Galiciencia

Screenshot

Como visitantes

Os estudantes e docentes pertencentes a centros de ensino de toda Galicia asisten á exposición de proxectos e participan de forma activa no resto das actividades programadas durante a Galiciencia 2019:
- 3 talleres didácticos relacionados coa temática elixida para o 2019: saúde e bos hábitos.
- 2 talleres específicos para Primaria e Educación Especial.
- 1 espectáculo de ciencia: con sesión de vídeo en streaming para facilitar e ampliar o alcance do proxecto.

Background

Como Participantes nas actividades previas á Galiciencia 2019

Goza de calquera das actividades ou de todas elas se queres.

Desafío ¡atrévete coa saúde e bos hábitos!

Dirixido a estudantes pertencentes a centros de Galicia dos últimos cursos de Primaria (4º, 5º e 6º), Secundaria e Bacharelato, que conformarán as tres categorías a través das cales se pode participar. O concurso constará de dúas fases: 1ª fase non presencial, que constará de tres desafíos a realizar a distancia que se enviarán por correo electrónico para a súa valoración. A 2ª fase presencial, constará dun desafío final que terá lugar o último día de Galiciencia de 11:00-12:00h e na que participarán os tres grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase, e da que sairán os gañadores absolutos por categoría.

Concurso deseño camiseta

Debuxo para a camiseta oficial de Galiciencia 2019- dirixido a nenos de Primaria e Educación Especial

Concurso fotográfico

Dirixido a estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP e docentes, ambos os dous relacionados coa temática de celebración da Galiciencia 2019: saúde e bos hábitos.