| 8, 9 de maio de 10:00h-13:00h e de 15:00h-18:00h e 10 de maio de 10:00h-13:00h.

Galiciencia 2016

Home / Galiciencia 2016

Benvidos e benvidas a Galiciencia!

Ofrecémosvos tres días de talento científico, convivencia e diversión. Tanto se queredes presentar proxectos na feira como vir de visita, na Tecnópole atoparedes ideas novas, talleres, espectáculos e moito máis. As nosas portas están abertas para vós e o desafío comeza xa, agardámosvos!

Que é a Galiciencia?

A maior feira científica de Galicia

Está patrocinada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole os días 16,17 de novembro de 10:00h-13:00h e de 15:00h-18:00h e 18 de novembro de 10:00h-13:00h. A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, acompañados polos seus profesores/as. Arredor dela, organizamos tamén actividades paralelas, como talleres e espectáculos, relacionadas este ano 2016 coas matemáticas.

Desafío

¡Atrévete coas matemáticas!

Accede o desafío
Grazas polo interese no noso desafío Atrévete coas matemáticas!

Estade pendentes, o día 4 de abril disporedes da información necesaria para participar.

Non o perdades!