Background

Galiciencia 2019

tivo lugar do 8 ao 10 de maio de 2019
Screenshot

Edición 2019

A edición do 2019 estivo dedicada aos hábitos saludables

Galiciencia esperta cada vez máis interese e boa proba disto é que nesta décimo cuarta edición foron nada menos que 134 os proxectos presentados para ser expostos na sección de Secundaria e Bacharelato da feira. Desta volta, a pugna polos 50 postos na maior feira científica de Galicia foi máis competitiva que nunca, xa que ata este ano o máximo de candidaturas situárase en 83.
A estes 50 seleccionados sumáronse 29 proxectos de Primaria, o que resultou nun total de 79 traballos expostos durante tres días no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense).
Grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria; do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades; e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), máis de 2000 persoas, a maioría escolares das catro provincias, puideron visitar a Galiciencia para coñecer os proxectos expostos e participar nas actividades paralelas.

Descarga o tríptico GAÑADORES GALICIENCIA 2019

Algúns indicadores

2387

Visitas recibidas na feira

79

Proxectos presentados

4,3/5

A nota de satifacción dos asistentes

edición 2019 en imaxes

Podes ver máis imaxes do 2019 no álbum de flickr da tecnópole

  • Image
  • Image
  • Image
  • Image
Screenshot

Descarga a revista da Galiciencia 2019

pulsa no botón e accede á revista en pdf

Aquí podes conseguir a edición da revista en formato pdf, para calquera outra consulta non dubides en poñerte en contacto con nós.

Descarga a revista
Screenshot

Desafío Galiciencia 2019

Invitámoste a utilizar os recursos didácticos que pomos á túa disposición para aprender dunha forma divertida sobre bos hábitos.

Accede á web do desafío e descarga os recursos

Atrévete cos bos hábitos

Mira o vídeo desta edición

Na edición do 2019 a temática estivo dedicada a saúde e bos hábitos.