| 9, 10 de maio de 10:00h-13:00h e de 15:00h-18:00h e 11 de maio de 10:00h-13:00h.

Proxectos Galiciencia 2018

Home / Proxectos Galiciencia 2018

Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia 2018 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous/dúas alumnos/as e un/unha profesor/a e contarnos a vosa idea a través do formulario de inscrición de proxectos PRIMARIA  e/ou formulario de inscrición proxectos SECUNDARIA .

Se resulta seleccionada, disporedes dun stand na ‘Galiciencia 2018’, onde poderedes dar a coñecer o voso proxecto e entrar en contacto con outras mentes inquietas.

Só tendes que seguir as instrucións detalladas nas bases e enviar a vosa idea ata o 28 de febreiro de 2018.

Máis información: sabela@tecnopole.gal | Teléfono 988 368 100.

Establécense as bases de participación para dúas modalidades:

Modalidade de “Investigación científica en Educación Primaria e Educación Especial”

FINALIDADE

Fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor.

PARTICIPANTES

Poderán participar como expositores de proxectos para primaria e educación especial calquera centro educativo de Galicia.

A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.

INSCRICIÓN

A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario.

Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto durante a primeira semana de abril.

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Participarán expondo os seus proxectos ou experimentos un ou varios dos días abertos para a exposición de proxectos de primaria e educación especial (9, 10 e 11 de maio en horario de 10h a 13h). Esta cuestión queda suxeita a posibles modificacións en función da participación recibida, limitándose a participación máxima en 10 proxectos por día.

EXPOSICIÓN

A cada proxecto asignaráselle un stand modular de 2 x 1 m con tarima e moqueta, iluminación, cadro individual e unha regreta, cunha mesa e dúas cadeiras dentro da carpa habilitada para tal fin, que contará con conexión a internet a través de wifi.

Os/as alumnos/as e titor/a serán os responsables da colocación do seu material no stand nas horas previstas pola organización.

PREMIOS

Os/as alumnos/as e o/a titor/a recibirán un diploma de participación así como un obsequio pola súa participación.

ACEPTACIÓN

A presentación de traballos supón a plena aceptación destas bases.

PROTECCIÓN DE DATOS

A información de carácter persoal que sexa obtida neste formulario será incorporada a un ficheiro confidencial debidamente inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, cuxo titular e responsable é PARQUE TECNOLOXICO DE GALICIA, S.A (CIF A32150088). Poñemos todo o coidado e contamos coas medidas que a Lei esixe para que a información persoal  facilitada e/ou o resultado do seu tratamento non chegue a terceiros, salvo imposición legal ou despois do seu consentimento. Ten vostede dereito a exercitar os dereitos  de acceso, rectificación, cancelación e oposición, determinados pola Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro dirixíndose por escrito ao seguinte enderezo: Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. Edif. CEI, San Cibrao das Viñas, CP 32900 Ourense.

Modalidade de “Investigación científica en Educación Secundaria, Bacharelato e FP”

FINALIDADE

Fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor.

PARTICIPANTES

Poderán participar como expositores de proxectos para secundaria, bacharelato e FP calquera centro educativo.

A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.

INSCRICIÓN

A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario.

Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto durante a primeira semana de abril.

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Participarán expondo os seus proxectos ou experimentos durante os tres días previstos para a celebración da Galiciencia 2018 (9 e 10 de maio en horario de 10h a 13h e de 15h a 18h e 11 de maio en horario de 10h a 13h). Limitándose a participación máxima en 50 proxectos en total. E catro proxectos, como máximo, por centro educativo.

Os/as alumnos/as aos que se lles seleccionara o seu proxecto deberán enviar, unha vez formalizada a selección, unha presentación resumo coa información relevante completa do dito proxecto. A organización concretará as características da dita presentación.

EXPOSICIÓN, ESPAZOS E ACTIVIDADES

• A cada proxecto asignaráselle un stand modular de 2 x 1 m con tarima e moqueta, iluminación, cadro individual e unha regreta, cunha mesa e dúas cadeiras dentro da carpa habilitada para tal fin, que contará con conexión a internet a través de wifi.

• Os/as alumnos/as e titor/a serán os responsables da colocación do seu material no stand nas horas previstas pola organización.

• As viaxes, aloxamentos, actividades e comidas serán propostos por Tecnópole, sendo imprescindible confirmación por parte do colexio participante. En caso de detectarse problemas coa organización destes aspectos, Tecnópole resérvase o dereito de excluír o proxecto implicado.

• Tecnópole facilitará un autobús para trasladar os participantes desde cada unha das catro provincias galegas ao lugar de aloxamento establecido pola organización o día previo ao inicio da Galiciencia, así como para realizar a viaxe de volta ata os mesmos lugares de orixe o último día da Galiciencia. O horario, datas e lugar de paradas serán unicamente os que a organización decida.

• Tecnópole encargarase do traslado en autobús durante os tres días da Galiciencia, entre o aloxamento establecido, o Parque Tecnolóxico de Galicia, ou outros desprazamentos necesarios para a realización de actividades organizadas por Tecnópole.

• Tecnópole non correrá con ningún gasto de desprazamento distinto dos expresados nos puntos anteriores, nin se encargará da súa organización.

• A distribución das habitacións será realizada por Tecnópole co fin de fomentar as relacións entre alumnos-alumnos e profesores-profesores, intercambio de coñecemento, de experiencias, etc. e tratando de seguir os criterios legais de non ter na mesma habitación alumnos/as con profesores/as, nin alumnos con alumnas para evitar incomodidades.

• Tecnópole encargarase de realizar unha planificación de actividades fóra do horario de Galiciencia, opcionais, pero non será responsable, en ningún caso, nin de actos nin de posibles accidentes dos alumnos/as…, que nelas participen, dos cales será responsable o/a titor/a dos alumnos/as.

DECISIÓN DO XURADO

A decisión do xurado farase pública durante a entrega de premios da Galiciencia 2018, 11 de maio de 2018 ás 13:30 horas.

CATEGORÍAS DE PREMIOS

Estableceranse as seguintes categorías de premios:

(1) premio ao proxecto coa mellor comunicación e presentación oral.

(1) premio para o proxecto máis innovador.

(1) premio para o proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido.

(1) premio para o mellor proxecto englobado dentro da temática de investigación do cambio climático.

(1) premio para o ganador absoluto da Galiciencia 2018 que contará con 1000€ para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter nacional, concretamente na Exporecerca 2019. Para o ganador do segundo posto, Tecnópole financiará con 500€ a súa participación na Zientzia Azoka, unha feira anual de ciencia que terá lugar na primavera do 2019 en Bilbao. Para o proxecto que quede en terceiro lugar na clasificación global de Galiciencia, financiarase con 200€ a súa participación na Coruña nun programa de actividades durante a Semana da Ciencia no mes de novembro 2018 promovido polos Museos Científicos Coruñeses.

Elixirase como ganador absoluto da Galiciencia o proxecto que obteña maior puntuación na suma dos seguintes criterios de valoración: innovación e creatividade (25%), rigor metodolóxico (20%), autoría dos alumnos/as (25%), defensa oral (20%), presentación no stand (10%). As porcentaxes que se indican entre parénteses significan o peso que supón a puntuación dese aspecto concreto sobre o total. A suma das valoracións obtidas dará como resultado o ganador absoluto da Galiciencia.

Todos os participantes como expositores de proxectos na Galiciencia 2018 recibirán un diploma de participación e un obsequio.

ACEPTACIÓN

A presentación de traballos supón a plena aceptación destas bases.

PROTECCIÓN DE DATOS

A información de carácter persoal que sexa obtida neste formulario será incorporada a un ficheiro confidencial debidamente inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, cuxo titular e responsable é PARQUE TECNOLOXICO DE GALICIA, S.A (CIF A32150088). Poñemos todo o coidado e contamos coas medidas que a Lei esixe para que a información persoal  facilitada e/ou o resultado do seu tratamento non chegue a terceiros, salvo imposición legal ou despois do seu consentimento. Ten vostede dereito a exercitar os dereitos  de acceso, rectificación, cancelación e oposición, determinados pola Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro dirixíndose por escrito ao seguinte enderezo: Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. Edif. CEI, San Cibrao das Viñas, CP 32900 Ourense.