| 22,23 de novembro de 10:00h-13:00h e de 15:00h-18:00h e 24 de novembro de 10:00h-13:00h.

Proxectos Galiciencia 2017

Home / Proxectos Galiciencia 2017

Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia 2017 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous/dúas alumnos/as e un/unha profesor/a e contarnos a vosa idea a través do formulario de inscrición de proxectos PRIMARIA . e/ou formulario de inscrición proxectos SECUNDARIA.

Se resulta seleccionada, disporedes de un stand na ‘Galiciencia 2017’, onde poderedes dar a coñecer o voso proxecto e entrar en contacto con outras mentes inquietas.

Só tendes que seguir as instrucións detalladas nas bases e enviar a vosa idea ata o 22 de outubro de 2017.

Máis información: sabela@tecnopole.gal | Teléfono 988 368 100.

Establécense as bases de participación para dúas modalidades:

incio-17

Modalidade de “Investigación científica en Educación Primaria e Educación Especial”

Listaxe de proxectos admitidos primaria

FINALIDADE

Fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor.

PARTICIPANTES

Poderán participar como expositores de proxectos para primaria e educación especial calquera centro educativo de Galicia.

A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.

INSCRICIÓN

A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario.

Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto durante a primeira semana de novembro.

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Participarán expondo os seus proxectos ou experimentos un ou varios dos días abertos para a exposición de proxectos de primaria e educación especial (22, 23 e 24 de novembro en horario de 10h a 13h). Esta cuestión queda suxeita a posibles modificacións en función da participación recibida, limitándose a participación máxima en 10 proxectos por día.

EXPOSICIÓN

A cada proxecto asignaráselle un stand con unha mesa e dúas cadeiras dentro da carpa habilitada para tal fin.

Os/as alumnos/as e titor/a serán os responsables da colocación do seu material no stand nas horas previstas pola organización.

Tecnópole facilitará un autobús para trasladar os participantes cada día dende Ourense cidade. Calquera outro tipo de transporte irá por conta dos centros participantes.

PREMIOS

Os/as alumnos/as e o/a titor/a recibirán un diploma de participación así como un obsequio pola súa participación.

ACEPTACIÓN

A presentación de traballos supón a plena aceptación destas bases.

PROTECCIÓN DE DATOS

A información de carácter persoal que sexa obtida neste formulario será incorporada a un ficheiro confidencial debidamente inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, cuxo titular e responsable é PARQUE TECNOLOXICO DE GALICIA, S.A (CIF A32150088). Poñemos todo o coidado e contamos coas medidas que a Lei esixe para que a información persoal  facilitada e/ou o resultado do seu tratamento non chegue a terceiros, salvo imposición legal ou despois do seu consentimento. Ten vostede dereito a exercitar os dereitos  de acceso, rectificación, cancelación e oposición, determinados pola Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro dirixíndose por escrito ao seguinte enderezo: Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. Edif. CEI, San Cibrao das Viñas, CP 32900 Ourense.

Modalidade de “Investigación científica en Educación Secundaria, Bacharelato e FP”

Listaxe de proxectos admitidos secundaria

FINALIDADE

Fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor.

PARTICIPANTES

Poderán participar como expositores de proxectos para secundaria, bacharelato e FP calquera centro educativo.

A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.

INSCRICIÓN

A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario.

Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto durante a primeira semana de novembro.

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Participarán expondo os seus proxectos ou experimentos durante os tres días previstos para a celebración da Galiciencia 2017 (22 e 23 de novembro en horario de 10h a 13h e de 15h a 18h e 24 de novembro en horario de 10h a 13h). Limitándose a participación máxima en 50 proxectos en total. E catro proxectos, como máximo, por centro educativo.

Os/as alumnos/as aos que se lles seleccionara o seu proxecto deberán enviar, unha vez formalizada a selección, unha presentación resumo coa información relevante completa do dito proxecto. A organización concretará as características da dita presentación.

EXPOSICIÓN, ESPAZOS E ACTIVIDADES

– A cada proxecto asignaráselle un stand modular de 2 x 1 m con tarima e moqueta, iluminación, cadro individual e unha regreta, con unha mesa e dúas cadeiras dentro da carpa habilitada para tal fin, que contará con conexión a internet a través de wifi.

– Os/as alumnos/as e titor/a serán os responsables da colocación do seu material no stand nas horas previstas pola organización.

– As viaxes, aloxamentos, actividades e comidas serán propostos por Tecnópole, sendo imprescindible confirmación por parte do colexio participante. En caso de detectarse problemas coa organización destes aspectos, Tecnópole resérvase o dereito de excluír o proxecto implicado.

– Tecnópole facilitará un autobús para trasladar os participantes desde cada unha das catro provincias galegas ao lugar de aloxamento establecido pola organización o día previo ao inicio da Galiciencia, así como para realizar a viaxe de volta ata os mesmos lugares de orixe o último día da Galiciencia. O horario, datas e lugar de paradas serán unicamente os que a organización decida.

– Tecnópole encargarase do traslado en autobús durante os tres días da Galiciencia, entre o aloxamento establecido, o Parque Tecnolóxico de Galicia, o lugar da comida ou outros desprazamentos necesarios para a realización de actividades organizadas por Tecnópole.

– Para os participantes de Ourense que prefiran aloxarse nos seus domicilios durante a Galiciencia, facilitaráselles transporte desde e ata a cidade de Ourense os tres días da Galiciencia.

– Tecnópole non correrá con ningún gasto de desprazamento distinto dos expresados nos catro puntos anteriores, nin se encargará da súa organización.

– A distribución das habitacións será realizada por Tecnópole co fin de fomentar as relacións entre alumnos-alumnos e profesores-profesores, intercambio de coñecemento, de experiencias, etc. e tratando de seguir os criterios legais de non ter na mesma habitación alumnos/as con profesores/as, nin alumnos con alumnas para evitar incomodidades.

– Tecnópole encargarase de realizar unha planificación de actividades fóra do horario de Galiciencia, opcionais, pero non será responsable, en ningún caso, nin de actos nin de posibles accidentes dos alumnos/as…, que nelas participen, dos cales será responsable o/a titor/a dos alumnos/as

DECISIÓN DO XURADO

A decisión do xurado farase pública durante a entrega de premios da Galiciencia 2017, 24 de novembro de 2017 ás 13:30 horas.

CATEGORÍAS DE PREMIOS

Estableceranse as seguintes categorías de premios:

(1) premio ao proxecto coa mellor comunicación e presentación oral.

(1) premio para o proxecto máis innovador.

(1) premio para o proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido.

(1) premio para o ganador absoluto da Galiciencia 2017 que contará con 1000 € para financiar a  súa participación noutra feira científica de carácter nacional, concretamente na Exporecerca 2018. Para o ganador do segundo posto, Tecnópole financiará con 500€ a súa participación na Zientzia Azoka, unha feira anual de ciencia que terá lugar na primavera do 2018 en Bilbao. Para o proxecto que quede en terceiro lugar na clasificación global de Galiciencia, financiarase con 200€ a súa participación na Coruña nun programa de actividades durante a Semana da Ciencia no mes de novembro 2018 promovido polos Museos Científicos Coruñeses.

Elixirase como ganador absoluto da Galiciencia o proxecto que obteña maior puntuación na suma dos seguintes criterios de valoración: innovación e creatividade (25 %), rigor metodolóxico (20%), autoría dos alumnos/as (25%), defensa oral (20%)  presentación no stand (10%). As porcentaxes que se indican entre parénteses significan o peso que supón a puntuación dese aspecto concreto sobre o total. A suma das valoracións obtidas dará como resultado o ganador absoluto da Galiciencia.

Todos os participantes como expositores de proxectos na Galiciencia 2017 recibirán un diploma de participación e un obsequio.

ACEPTACIÓN

A presentación de traballos supón a plena aceptación destas bases.

PROTECCIÓN DE DATOS

A información de carácter persoal que sexa obtida neste formulario será incorporada a un ficheiro confidencial debidamente inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, cuxo titular e responsable é PARQUE TECNOLOXICO DE GALICIA, S.A    (CIF A32150088). Poñemos todo o coidado e contamos coas medidas que a Lei esixe para que a información persoal  facilitada e/ou o resultado do seu tratamento non chegue a terceiros, salvo imposición legal ou despois do seu consentimento. Ten vostede dereito a exercitar os dereitos  de acceso, rectificación, cancelación e oposición, determinados pola Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro dirixíndose por escrito ao seguinte enderezo: Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. Edif. CEI, San Cibrao das Viñas, CP 32900 Ourense.