¿Que é Galiciencia?

Queremos que sintas a ciencia e que a desfrutes durante todo o ano. Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de acercar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.

¿Gustaríache participar? Continúa un pouco máis abaixo.

Abrimos as inscricións o 22 de xaneiro

Edición 2024 | Temática: Mellor, de Madeira

¿Que pretendemos en Galiciencia?

Potenciar a divulgación e a comunicación social da ciencia.

  • Con exposición de proxectos
  • Con talleres científicos
  • Con espectáculos de ciencia

Fomentar o espírito innovador e emprendedor entre os participantes.

  • Coa creación de proxectos
  • Mediante talleres específicos

Contribuír no desenvolvemento de vocacións científicas.

  • Con desafíos científicos

O EVENTO

¿En que consiste?

Exposición de proxectos

Durante 3 días (8, 9 e 10 de maio) os estudantes que desenvolveron de forma previa á feira con apoio dos seus profesores/as, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explícano ao público visitante.

Talleres científicos

Durante o evento realizaranse diferentes talleres temáticos relacionados coa temática anual. Nesta edición “Mellor, de Madeira”.

Espectáculos de ciencia

A finalidade desta experiencia é que os máis novos descubran que a ciencia pode ser atractiva e divertida para todos, intentando provocar no público unha reflexión sobre a importancia da ciencia e a tecnoloxía e a relevancia de decidir o seu futuro profesional dunha forma libre e sen barreiras físicas nin mentais.

Concurso deseño camiseta

O concurso está aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia.

Os deseños deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Mellor, de Madeira.

O prazo de presentación dos deseños é desde o 22 de xaneiro ata o 18 de marzo de 2024.

Todos os participantes que desexen formar parte deste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia.

Consultar bases de participación.

Concurso Fotografía

O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.

As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Mellor, de Madeira.

O prazo de presentación das fotografías é desde o 22 de xaneiro ata o 15 de abril de 2024.

Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:

1. Seguir o Instagram de Galiciencia.

2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2024

Consultar bases de participación.

Desafío científico

O desafío está dirixido a todos os estudantes desde 4º Primaria a Bacharelato dos centros educativos de toda España.

Os retos dos que consta o desafío estarán relacionados coa temática de referencia desta edición: Mellor, de Madeira.

¿E por que vou facer un proxecto de investigación?

É A FORMA MÁIS DIVERTIDA DE APRENDER

A ciencia permíteche aprender desfrutando, desenvolver a imaxinación e a creatividade,

e proporcionar coñecementos e procedementos útiles na vida cotiá.

ÁBRECHE A PORTA A NOVAS EXPERIENCIAS

Co teu proxecto podes participar noutras feiras científicas, coñecer

novos lugares e conseguir premios polo teu esforzo.

SÉ O/A PRIMEIRO/A

Os científicos sempre se preguntaron o porqué das cousas, e agora podes ser ti

o primeiro en facer novos descubrimentos no campo no que queiras investigar.

¿E AGORA COMO PARTICIPO?

Agora que tes claro que queres participar, preguntaraste como facelo.

Deixámosche unha guía cos catro pasos que debes facer para preparar o teu proxecto. Unha vez listo poderás inscribirte e subir o teu proxecto.

PASO 1

¿Como elixes un tema? Algúns exemplos

Podes facer un proxecto sobre un tema que che interesa, sobre algo que acabas de descubrir, un tema que liches na prensa… pero o máis importante é que sexa factible. Fai unha maqueta, un estudo de campo ou o que se che ocorra. Iso si ¡desfruta!

PASO 2

Xa teño tema. ¿E agora?

  • Documéntate e comproba que xa non está feito
  • Formula unha hipótese ou un obxecto tecnolóxico a deseñar
  • Deseño experimental – Desenvolvemento dun prototipo

PASO 3

Xa teño tema. ¿E agora? Parte 2

  • Recollida de resultados
  • Conclusións
  • Bibliografía

PASO 4

¿Como o presento?

  • Tedes que gravar un vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración
  • O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese
  • Unha vez gravado súbeo a Youtube e envíanos o enlace a través do formulario de inscrición
  • Envíanos un PDF do teu proxecto
  • No formulario tes un botón para descargar o documento de axuda ¿Como preparar un bo pdf? (Só para Secundaria/Bacharelato)

CARACTERÍSTICAS

Desfruta aprendendo

Os 6 principios da aprendizaxe en Galiciencia.

0
Visitantes
á feira
0
Proxectos presentados
Creatividade

Capacidade para xerar ideas e solucións para a resolución de problemas en todos os ámbitos.

Logro

Alcance dunha meta previamente proposta por unha persoa ou un grupo de persoas.

Hábitos

Maneiras nas que o cerebro aprende condutas complexas e adquíreas como propias.

Posesión

Motivación por ter posesións que outros non teñen, insignias prezadas, cromos difíciles de conseguir, o avatar mellor personalizado.

Curiosidade

A ansia de coñecemento leva á evolución das persoas.¡Saca a túa vea máis imaxinativa!

Épica

Sentirse realizado polos descubrimentos e coñecementos adquiridos.

¿Tes algunha dúbida?

Revisa as nosas FAQ

¿Cantos proxectos podo presentar a Galiciencia?

Este ano a exposición de proxectos de Galiciencia terá un formato híbrido de maneira que os centros educativos teredes que seleccionar como máximo dous proxectos (este límite só para centros educativos de Secundaria, Bacharelato e FP) para presentarvos á Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarvos á Galiciencia online.

Todos os anos enviamos proxectos a Galiciencia, pero este ano ¿hai que cubrir o formulario e ademais un vídeo de 1 min.?

A solicitude de participación este ano faise a través da web de Galiciencia, o formulario é parecido, pero un pouco máis lixeiro. Podes participar presencialmente e online, ou soamente online. 

En ambos casos necesitamos para expoñer os proxectos na web de Galiciencia, un vídeo explicativo do proxecto (tal e como se explica no formulario), unha imaxe a modo de portada do proxecto, algo significativo, vistoso e un pdf, é dicir, un documento do proxecto que complete a parte explicativa e expositiva do proxecto.

¿Como se organizará a presentación de proxectos online durante os días da feira? ¿terán que estar conectados por videoconferencia – todos os días e horas?

Non é necesario. Todos os proxectos serán mostrados durante os 3 días da feira, na web de Galiciencia. 

Os proxectos que se presenten na modalidade online, non será necesario expoñelos en directo, isto resérvase exclusivamente aos proxectos seleccionados para participar na modalidade presencial. 

¿Como se organizan os talleres? ¿conexións Streaming a unhas horas determinadas?

Haberá unha emisión en streaming do espectáculo de ciencia. Irémosvos informando a través da web e das redes sociais.

Os talleres e o espectáculo poderanse desfrutar presencialmente durante os tres días de duración da Galiciencia. 

O contido dos talleres, que xa está definido, anunciarase en breve e  comunicarase a través da web e as redes sociais. 

¿Existe unha data límite para a presentación de proxectos?

A data límite para a presentación de proxectos é o día 18 de marzo.

¿Canto é a duración estimada dunha visita organizada á Galiciencia?

A visita para un grupo de Secundaria ou Bacharelato dura aproximadamente 3 horas e para un grupo de Primaria 2 horas.

¡ANÍMATE, NON TE ARREPENTIRÁS!

Escolle de que maneira queres participar en Galiciencia

O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.

Visita


Edición híbrida

Podes visitar a Galiciencia

  • Para estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato
  • Visitar a exposición de proxectos presenciais
  • Acceder online á exposición de proxectos
  • Visitar os talleres e o espectáculo de ciencia
  • Podes participar en streaming no espectáculo de ciencia
Visítanos

Participa con

Proxectos


Edición híbrida

Presenta o teu proxecto

  • Para estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato
  • Podes participar de forma presencial e/ou online
  • A forma máis divertida de aprender
Apúntate

AS NOSAS RESEÑAS

Mira que din de Galiciencia

``Iniciativas como Galiciencia serven para que os máis novos amosen o seu enxeño á hora de desenvolver novos produtos e resolver problemas a través da ciencia``
Francisco Conde

vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación

``Iniciativas como Galiciencia serven para que os máis novos amosen o seu enxeño á hora de desenvolver novos produtos e resolver problemas a través da ciencia``
Francisco Conde

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación

``A nosa experiencia en Galiciencia foi moi enriquecedora porque sempre se aprende entre todos``
Daniel Blanco e Carla Pérez

gañadores de Galiciencia 2023

``Xa temos ido a moitas feiras pero en Galiciencia resúltanos moi divertido explicarlle o proxecto a xente da nosa idade``
Lola Reboredo e Laura Gil

3º premio Edición 2023

``Socialízase moito e fanse moitos amigos e, ademais, aprendes a comunicarte mellor, sen vergoña``
Sara Mosteiro e Manuel Velasco

Mellor proxecto englobado dentro da temática “Aeronáutica e Aeroespacial”

``É moi divertido ver proxectos diferentes e falar con xente que ten intereses parecidos aos nosos``
Ana Otero e Beatriz Álvarez

Gañadoras do proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definidio

``Animo ás rapazas a que sexan científicas porque nós tamén o podemos facer, non existen diferenzas``
Sarai González

Integrante do equipo gañador do mellor proxecto liderado por unha rapaza e/ou relacionado con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero na contorna da I+D+i

SDG Wheel_PRINT_Transparent

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

Tecnópole alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que constitúen un chamamento universal á acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.

Usamos cookies para mellorar a experiencia.